Curso 2016-2017 - Seminario Permanente

lunes, 13 de marzo de 2017

Proyecto PI

O emprego do encerado dixital interactivo na aula supón unha ventá aberta ao mundo, que permite compartir e comentar todo tipo de materiais e traballos realizados polo profesorado e / ou o alumnado e que actúa como xerme de innovación e cooperación. A súa dispoñibilidade na aula vai inducindo a unha notable renovación das metodoloxías docentes e dos procesos de ensino-aprendizaxe e facilita o logro de aprendizaxes máis significativos e acordes coa sociedade actual.
O encerado dixital supón unha fonte inesgotable de información multimedia e interactiva dispoñible de maneira inmediata na aula (animacións, simulacións de fenómenos, exemplos…) que permite aproveitar de forma didáctica moitos materiais realizados por profesores, alumnos e outras persoas alleas ao mundo educativo.

recursostic.educacion.es

0 comentarios:

Publicar un comentario