Curso 2016-2017 - Seminario Permanente

jueves, 2 de febrero de 2017

Realización de actividades interactivas

Un dos usos máis atractivos da PDI é que pode servir para proxectar actividades interactivas e organizar a súa realización e corrección de forma colectiva na aula.

Aquí cabe facer unha distinción entre:


  • Actividades creadas con ferramentas de autor alleas á PDI, como EDLIM, JClic, Hot Potatoes, Educaplay, Constructor, Cuadernia, Malted....
  • Actividades deseñadas especificamente co software da PDI, como Notebook e ActivInspire

As primeiras constitúen un recurso moi útil, xa que se aproveita a interactividade que ofrece a pantalla e corríxense automaticamente. Pola súa banda, as actividades creadas para PDI ofrecen a vantaxe engadida de que son actividades abertas, é dicir, que se poden modificar sobre a marcha co propio programa cando se están realizando.

En ambos os casos, a cantidade de actividades xa elaboradas e listas para utilizar en clase é cada vez máis ampla.

0 comentarios:

Publicar un comentario