Un dos usos máis atractivos da PDI é que pode servir para proxectar actividades interactivas e organizar a súa realización e corrección de forma colectiva na aula.
Aquí cabe facer unha distinción entre:
- Actividades creadas con ferramentas de autor alleas á PDI, como EDLIM, JClic, Hot Potatoes, Educaplay, Constructor, Cuadernia, Malted....
- Actividades deseñadas especificamente co software da PDI, como Notebook e ActivInspire
As primeiras constitúen un recurso moi útil, xa que se aproveita a interactividade que ofrece a pantalla e corríxense automaticamente. Pola súa banda, as actividades creadas para PDI ofrecen a vantaxe engadida de que son actividades abertas, é dicir, que se poden modificar sobre a marcha co propio programa cando se están realizando.
En ambos os casos, a cantidade de actividades xa elaboradas e listas para utilizar en clase é cada vez máis ampla.
0 comentarios:
Publicar un comentario